
UNA SEMANA SOLOS
Celina Murga, 2008
110'.
UNA SEMANA SOLOS
(Arxentina, 2008)
Dirección: Celina Murga. Guión: Celina Murga e Juan Villegas. Produción: Juan Villegas para Tresmilmundos Cine. Fotografía: Marcelo Lavintman. Intérpretes: Natalia Gómez Alarcón, Ignacio Giménez. Duración: 110 minutos.
A premiada (Xixón, Múnic, Río de Xaneiro, Salónica) segunda longametraxe de Celina Murga, previa á súa experiencia con Scorsese, está escrita con Juan Villegas e relata os sucesos que lle acontecen a un grupo de rapaces (de idades entre os 7 e os 14 anos) que quedan unha semana nunha casa dentro dun country, un barrio exclusivo e privado, o único mundo que coñecen.