
A LA CAZA
William Friedkin, 1980
106´. Subtítulos en galego.
CRUISING / A LA CAZA
(Estados Unidos-Alemaña, 1980)
Dirección e guión: William Friedkin, baseado na novela de Gerald Walker. Produción: Lorimar Film, United Artists (Estados Unidos), Europäische Treuhand e Fernsehproduktion (Alemaña). Fotografía: James Contner. Intérpretes: Al Pacino, Paul Sorvino, Karen Allen. Duración: 106 minutos.
Un policía infíltrase nos ambientes nocturnos sadomasoquistas gais da cidade de Nova York á procura dun asasino de homosexuais. Un dos últimos grandes títulos do hábil Willian Friedkin, de novo capaz de artellar xogos autorales, usos maxistrais do son, ao tempo que enreda unha trama elaborada e crea unha atmosfera inquietante que navega pola ambigüidade, un título máis próximo ao terror que ao thriller. Al Pacino, nunha performance camiño da némesis, permanece consolidado (ao igual que Hackman ou Walter Matthau), como atípico actor do (anti)xénero desta década. A película tería problemas pola súa temática e ambientación no seu momento, acusada desde certos sectores de homófoba.