
LA NOCHE SE MUEVE
Arthur Penn, 1975
99´. Subtítulos en galego.
NIGHT MOVES / LA NOCHE SE MUEVE
(Estados Unidos, 1975)
Dirección: Arthur Penn. Guión: Alan Sharp. Produción: Warner Bros. Pictures. Fotografía: Bruce Surtees. Intérpretes: Gene Hackman, Jennifer Warren, Susan Clark. Duración: 99 minutos.
O detective privado Harry Moseby, afeccionado ao xadrez, antigo xogador de fútbol americano, antiheroe honesto e limitado en plena crise matrimonial, acepta a proposición dunha actriz decadente e alcohólica de Hollywood para buscar á súa filla. Un dos grandes títulos da corrente de thriller deconstruído que, non obstante, non obtivo éxito, malia o suxestivo entramado referencial (o cine, como no caso do Altman d´El largo adiós (1973) ten especial importancia, desde usos estilísticos, ambientes e alusións ata unha memorable burla a conta do recentemente falecido Eric Rohmer), o cruce de personaxes cansos e desenganados (con retratos femininos farto interesantes) e o consistente elenco, focalizado en torno ao grandioso Gene Hackman e reforzado para a ocasión polas refrescantes aparicións duns mozos James Woods e Melanie Griffith, paradigmas do Hollywood inmediato.