
THE BARON OF ARIZONA
Samuel Fuller, 1950
93´. Subtítulos en galego.
THE BARON OF ARIZONA
(Estados Unidos, 1950)
Dirección e guión: Samuel Fuller. Produción: Deputy Corporation. Fotografía: James Wong Howe. Intérpretes: Vincent Price, Ellen Drawe. Duración: 93 minutos.
As aventuras de James Addison Reavis, un dos estafadores máis ambiciosos do século XIX, disposto a quedar en 1872 con todo o territorio de Arizona recorrendo ás súas malas artes e intelixencia. Irónica, barroca, emocionante, dinámica, chea de brío, erudita (ecos, como sinalou Miguel Marías, de Lang, pero tamén de literatos como Borges, Cendrars ou Schwob) mestura de western e filme de aventuras que conta unha complexa e brillante historia.