LA JUNGLA HUMANA
Don Siegel, 1968
93´. Subtítulos en castelán.
COOGAN´S BLUFF / LA JUNGLA HUMANA
(Estados Unidos, 1968)
Dirección: Don Siegel. Guión: Herman Miller, Dean Riesner e Howard Rodman, sobre un argumento de Herman Miller. Produción: The Malpaso Company e Universal Pictures. Fotografía: Bud Thackery. Intérpretes: Clint Eastwood, Lee J. Cobb, Susan Clark. Duración: 93 minutos.
Un shériff de Arizona chega ata Nova York perseguindo a un perigoso asasino que escapou da súa xurisdición. Acostumado a empregar métodos máis propios dun vaqueiro que dun policía, choca contra os sistemas que empregan os axentes na gran cidade. Don Siegel, mestre de Eastwood, prefigura o policía sádico de Harry, el sucio (1971), indo ás orixes da violencia nos Estados Unidos. Aparición do hoxe esquecido Don Stroud.