BLIND PIG WHO WANTS TO FLY
Edwin, 2008.
77´. Vídeo. Subtítulos en galego.
BABI BUTA YANG INGIN TERBANG / BLIND PIG WHO WANTS TO FLY
(Indonesia, 2008)
Dirección e guión: Edwin. Produción: Babibutafilm. Fotografía: Sidi Saleh. Intérpretes: Ladya Cheryl, Pong Harjatmo. Duración: 77 minutos.
Orixinal análise dos conflitos da comunidade indonesia de orixe chinesa, estigmatizada nos anos 50 polo goberno e acusada de comunismo, o que durante tempo alimentou o racismo e a persecución. Un fondo histórico que permite a Edwin (Indonesia, 1978), exitoso curtametraxista, debutar na longametraxe. A historia de Cahyono, cun aspecto demasiado chinés que lle causa problemas (e que desexaría ser xaponés). Ou da súa mellor amiga, Linda, que se defendía violentamente de cativa cando a acosaban. Obsesivamente soa unha e outra vez unha vella canción de Stevie Wonder. Premio FIPRESCI en Róterdan.