LA VIE NOUVELLE
Philippe Grandieux, 2001
106´. Vídeo. Subtítulos en galego. Precedido da curtametraxe CINE_ASCIIART (DSK, 2003/2004)
LA VIE NOUVELLE
(Francia, 2001)
Dirección: Philippe Grandrieux. Guión: Philippe Grandrieux e Eric Vuillard. Produción: Maïa Films, L Films, French Productions e Arte France Cinéma. Fotografía: Stéphane Fontaine. Intérpretes: Zachary Knighton, Anna Mouglalis. Duración: 102 minutos.
Seymour, un mozo americano viaxa a Europa do Leste. En Sofía atopa un espazo de pesadelo devastado pola corrupción e a pornografía. Alí obsesiónase cunha fermosa prostituta, ata o punto de entrar no interior dun mundo erótico, perverso e decadente. Un filme denso e incómodo que o seu realizador considera unha versión moderna do mito de Orfeo onde se analiza o corpo humano co detallismo dun documental entomolóxico.