LE STADE DE WIMBLEDON
Mathieu Amalric, 2001.
65´. Subtítulos en galego.
LE STADE DE WIMBLEDON
(Francia, 2001)
Dirección e guión: Mathieu Amalric, sobre a novela de Daniele del Giudice. Produción: Gémini Films (Paulo Branco). Fotografía: Christophe Beaucarne. Intérpretes: Jeanne Balibar, Esther Gorintin. Duración: 65 minutos.
Unha moza francesa chega á cidade italiana de Trieste para investigar a vida dunha falecida figura literaria, Robert Vohler, que curiosamente xamais publicou un libro. Mentres acumula viaxes e testemuñas, Vohler cobra forma pero o obxecto da procura dilátase, o pretexto esvaécese e abre paso a unha incipiente certeza.