
DANS MA PEAU
Marina de Van, 2002.
93´. Subtítulos en castelán.
DANS MA PEAU / [NA MIÑA PEL]
(Francia, 2002)
Dirección e guión: Marina de Van. Produción: Lazennec & Associés. Fotografía: Pierre Barougier. Intérpretes: Marina de Van, Laurent Lucas. Duración: 93 minutos.
Unha noite, durante unha festa, Esther máncase de certa gravidade nunha perna. O incidente pertúrbaa profundamente, ata o punto de mudar a visión que ten do seu propio corpo, ao que comeza a automutilar para poñelo a proba. Escrava desa pulsión autodestrutiva, loitará por salvar o seu futuro profesional e sentimental.