À MA SOEUR
Catherine Breillat, 2001.
94´. Subtítulos en galego.
À MA SOEUR / [Á MIÑA IRMÁ]
(Francia-Italia, 2001)
Dirección e guión: Catherine Breillat. Produción: CB Films e Arte France Cinéma. Fotografía: Giorgos Arvanitis. Intérpretes: Anaïs Reboux, Roxane Mesquida. Duración: 94 minutos.
Elena e Anaïs son irmás. Durante unhas vacacións de verán, Anaïs, a máis introvertida das dúas, vive a experiencia do primeiro amor a través da súa atractiva irmá máis vella. O espertar sexual da adolescencia, nun relato turbio e inquietante que contén un final inesquecible. Aparicións no reparto de Romain Goupil (director da memorable Mourir à 30 ans) e Laura Betti.