ULYSSE
Agnès Varda, 1983
21´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
ULYSSE
(Francia, 1983)
Dirección e guión: Agnès Varda. Produción: Garance. Fotografía: Jean-Yves Escoffier. Duración: 21 minutos.
En expresión da súa directora, o filme interroga unha imaxe: unha fotografía tomada en maio de 1954. Á beira do mar unha cabra morta, unha cativa (Ulysse) e un home nú. 28 anos despois a memoria arma un relato cheo de lembranzas, divagacións e datos posibles sobre aquel momento. Premio César 1984 á mellor curta documental.