SIN TECHO NI LEY
Agnès Varda, 1985
95´. Subtítulos en castelán.
SANS TOIT NI LOI / SIN TECHO NI LEY
(Francia, 1985)
Dirección e guión: Agnès Varda. Produción: Ciné-Tamaris e Films A2. Fotografía: Patrick Blossier. Intérpretes: Sandrine Bonnaire, Macha Méril. Duración: 95 minutos.
Varda reconstrúe sen concesións o periplo final dunha moza desarraigada, Mona, interpretada por unha excelente Sandrine Bonnaire, César á mellor interpretación feminina. O achado do seu corpo conxelado por parte dun granxeiro dá paso á narración dos derradeiros días na vida desta rapaza, contada a través de entrevistas e flash-backs, reproducindo a modo de docudrama un microcosmos árido, duro e intenso. León de Ouro en Venecia.