CRISTÓBAL COLÓN. O ENIGMA
Manoel de Oliveira, 2007.
75´. Subtítulos en galego. Entrada gratuíta.
CRISTÓVÂO COLOMBO-O ENIGMA / [CRISTÓBAL COLÓN. O ENIGMA]
(Portugal-Francia, 2007)
Dirección e guion: Manoel de Oliveira, sobre o libro de Manuel e Silvia da Silva. Produción: Filmes do Tejo, Les Filmes d´Après-midi e Manoel de Oliveira Filmes. Fotografía: Sabine Lancelin. Intérpretes: Ricardo Trepa, Manoel de Oliveira, Leonor Baldaque, Luis Miguel Cintra. Duración: 75 minutos.
Filmada no Alentejo, a exploración de Manuel Luciano que, desde os anos 40 ata hoxe, intentou descubrir a verdadeira identidade de Cristóbal Colón. Logo de múltiples viaxes entre Portugal e os Estados Unidos e de barallar varias hipóteses sobre o célebre navegante, Manuel Luciano vai facer unha última viaxe, cara á casa localizada en Portugal onde parece que naceu.