BREVE ENCUENTRO
David Lean, 1945
86´. Subtítulos en castelán. 2ª sesión o luns 3 de novembro.
BRIEF ENCOUNTER / BREVE ENCUENTRO
(Gran Bretaña, 1945)
Dirección: David Lean. Guión: David Lean e Ronald Neame, sobre a obra “Still life” de Noël Coward. Produción: Independent Producers-Cineguild. Fotografía: Robert Krasker. Intérpretes: Celia Johnson, Trevor Howard, Stanley Holloway. Duración: 86 minutos.
Laura, unha muller casada e con fillos coñece a Alec, un médico en idéntica situación co que comeza a conxeniar. Invadidos por sentimentos de culpabilidade, afectados na súa vida cotiá, manteñen unha relación oculta con encontros semanais. Estilizada e medida obra mestra que obtén o premio da crítica nun incipiente certame de Cannes, á vez que remata por servir de irónica inspiración ao Billy Wilder d´“El apartamento” (1960).