
LA BIBLIA DE NEÓN
Terence Davies, 1995
91´. Subtítulos en castelán.
THE NEON BIBLE / LA BIBLIA DE NEÓN
(Gran Bretaña, 1995)
Dirección e guión: Terence Davies, sobre o texto de John Kennedy Toole. Produción: Three Rivers Production, Scala Productions e Channel Four Films. Fotografía: Michael Coulter. Intérpretes: Gena Rowlands, Diana Scarwid, Denis Leary. Duración: 91 minutos.
David é un adolescente que aproveita a soidade dunha viaxe en tren para lembrar a etapa final da súa infancia nunha pequena comunidade baptista do Sur dos Estados Unidos e a intensa influencia que sobre el exerceu a súa tía Mae, vella cantante de night-club de segunda fila que se converteu en amiga e confidente mentres a Depresión e a guerra destruían o matrimonio dos seus pais. Rodada nos Estados Unidos, Davies adapta o mítico autor de “La conjura de los necios”, John Kennedy Toole.