ELEGÍA DE MOSCÚ
Aleksandr Sokurov, 1988.
88´. Subtítulos en galego.
MOSKOVSKAYA ELEGIYA / ELEGÍA DE MOSCÚ
(Unión Soviética, 1986-1988)
Dirección e guión: Aleksandr Sokurov. Produción: Ekoizlea. Fotografía: A. Burov e A. Naydenov. Duración: 88 minutos.
A película que Sokurov lle quixo regalar ao seu mestre Tarkovski polo seu 50 aniversario converteuse por causa das prohibicións do réxime soviético e pola prematura morte do cineasta nun documental póstumo, dorido e nostálxico. Combinando materiais de arquivo, fragmentos das súas películas e imaxes dos lugares da súa vida eríxese esta elexía, xénero que Sokurov concibe como “un responso, un canto para recordar a alguén que desapareceu, unha celebración en honor desa persoa que xa non está con nós”.