CABEZA BORRADORA
David Lynch, 1976
89´. Subtítulos en castelán.
ERASERHEAD / CABEZA BORRADORA
(Estados Unidos, 1976)
Dirección e guión: David Lynch. Produción: David Lynch-Libra Films con American Film Institute Center for Advanced Film Studies. Fotografía: Herbert Cardwell e Frederick Elmes. Intérpretes: Jack Nance, Charlotte Stewart. Duración: 89 minutos.
A partir da imaxe dunha cabeza humana empregada como goma de borrar, Lynch fabrica o seu primeiro e persoal artefacto en forma de longametraxe, unha expresionista, libre e extravagante obra de culto que percorre de Bacon, Wilder ou Laughton a Buñuel e Cocteau todo un catálogo de filias, trazos e marcas de estilo adaptadas xa á particular expresividade de Lynch, un torrente de imaxes cun nexo argumental, a idea dunha paternidade (complicada e) forzosa.