IL PARTIGIANO JOHNNY
Guido Chiesa, 2000.
135´. Subtítulos en castelán.
IL PARTIGIANO JOHNNY
(Italia, 2000)
Dirección: Guido Chiesa. Guión: Guido Chjiesa e Antonio Leotti. Produción: Fandango Films. Fotografía: Cherardo Gossi. Intérpretes: Stefano Dionisi, Claudio Amendola, Andrea Prodan. Duración: 135 minutos.
Johnny é un estudante de literatura inglesa que regresa a Alba como desertor. Para combater ao réxime nazifascista parte cara ao outeiros de Langhe, uníndose ao primeiro grupo de partisanos que encontra. Estes están mal armados e viven en condicións moi duras, co que rachan cos soños de literato de Johnny. Entra noutro grupo partisano, mentres os nazis se apoderan de Alba e destrúen a súa resistencia. Johnny foxe cuns amigos e refúxiase na granxa de Rina. No inverno de 1944, en condicións extremas atopa a súa razón de ser partisano, o sentido desa absurda e, quizais, necesaria, violencia.