HOTARU
Naomi Kawase, 2000
164´. Subtítulos en galego.
HOTARU / [VAGALUME]
(Xapón, 2000)
Dirección e guión: Naomi Kawase. Produción: Suncent Cinemaworks Inc., Dentsu, Imagica, Tokyo Theatres. Fotografía: Masami Inomoto. Intérpretes: Yuko Nakamura, Toshiya Nagasawa. Duración: 164 minutos.
Premio FIPRESCI en Locarno e varios premios no BAFICI 2003. Complexa historia de amor entre dous individuos que necesariamente deben estar xuntos nun contexto en que a traxedia e o pasado os marcaron profundamente: Ayako traballa como bailarina de striptease. Acaba de sufrir un aborto e de romper co seu mozo. Daiji é un artesán solitario que se dedica a facer cerámica para cerimonias relixiosas.