
LOVELY ANDREA
Hito Steyerl, 2007
30´. Vídeo. Subtítulos en galego. Entrada gratuíta.
LOVELY ANDREA
(Alemaña-Xapón, 2007)
Dirección, guión e produción: Hito Steyerl. Fotografía: Stefan Landorf. Duración: 30 minutos.
Proposta vinculada a tendencias e experiencias contemporáneas na que, a modo de travesía extrema, a autora busca unha sesión de fotografías que protagonizara en 1987 adscritas ao bondage, atada coa técnica nawa-shibari, método militar de tortura xaponés aquí reconducido ao negocio da pornografía e ás diversas formas de explotación sexual, que lle permite asociacións produtivas (os non-corpos de Guantánamo). A procura da película nos diversos arquivos pornográficos e eróticos dun Xapón inquietante, alternando con fragmentos de películas, marca unha singular xuntanza de violencia e erotismo, mergullo na memoria e no tempo.