
MÁS MUERTAS VIVAS QUE NUNCA
Marta de Gonzalo e Publio Pérez, 2002
7´. Vídeo. Entrada gratuíta.
MÁS MUERTAS VIVAS QUE NUNCA
(España, 2002)
Dirección, guión, fotografía e produción: Marta de Gonzalo e Publio Pérez. Duración: 7 minutos.
Unha rapaza morta fálanos ao oído. Tras participar nas colectivizacións de terras en Estremadura e Andalucía, foi unha das 4.000 persoas fusiladas na Praza de Touros de Badaxoz a partir do 14 de agosto de 1936, día da toma da cidade polas tropas franquistas durante a Guerra Civil. Ela fala desde a morte, á espera do que os vivos poden facer das súas sociedades.