
COUNTDOWN
Ulrike Ottinger, 1990.
188´. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
COUNTDOWN
(Alemaña, 1990)
Dirección, guión e fotografía: Ulrike Ottinger. Produción: Ulrike Ottinger Filmproduktion. Duración: 188 minutos.
Crónica cinematográfica do final da Alemaña dividida. Ulrike Ottinger segue unha secuencia cronolóxica de dez días ata o 1 de xullo de 1990, data en que se unifica o sistema económico produtivo europeo mediante a unidade monetaria e o libre comercio. A modo de diario, o relato destes días queda atravesado polo texto poético de Eva Meyer escrito para este filme de observación participativa no cotián que amosa con claridade as transformacións que se produciron no país naqueles momentos históricos, pero tamén o que non se alterou coa caída do muro de Berlín e a primeira etapa da reunificación alemá.