UN HOMME PERDU
Danielle Arbid, 2007
97´. Subtítulos en galego.
UN HOMME PERDU
(Francia, 2007)
Dirección e guión: Danielle Arbid. Fotografía: Céline Bozon. Produción: MK2 Productions. Intérpretes: Melvil Poupaud, Carol Abboud, Darina El Joundi. Duración: 97 minutos.
Estreada na Quincena de Realizadores de Cannes, unha visión sobre o desexo masculino e a necesidade do amor. Un fotógrafo na procura continua de imaxes impactantes percorre Líbano e Xordania na compaña dun estraño individuo, amnésico e errante, ao que toma baixo a súa protección. Dando tombos, intentando que o home lembre, coñecéndose e odiándose a partes iguais, a viaxe repousará con paradas puntuais en hoteis de mala morte, clubes de estrada e bordeis.