IN THE BATTLEFIELDS
Danielle Arbid, 2004
90´. Subtítulos en galego.
MAAREK HOB / IN THE BATTLEFIELDS
(Francia-Líbano-Alemaña-Bélxica, 2004)
Dirección e guión: Danielle Arbid. Fotografía: Hélène Louvart. Produción: Quo Vadis Cinema e CNC (Francia), Versus Production e RTBF (Bélxica), Selavy (Alemaña) e Taxi Films (Líbano). Intérpretes: Marianne Feghali, Rawia Elchab, Laudi Arbid. Duración: 90 minutos.
En 1983 a guerra civil no Líbano alcanza o seu punto álxido. Lina cumpriu 12 anos e crece sen referencias claras: sen nai, cun pai autodestrutivo e o único coidado de Siham, a criada da súa tía que aos 18 anos xoga cos homes e está chea de segredos. Relato de aprendizaxe de tinturas agridoces cunha medida banda sonora (outra das virtudes de Arbid), que vai de Blondie a Boney M.