SIGNOS DE VIDA
Werner Herzog, 1967.
91´. Subtítulos en galego.
LEBENSZEICHEN / SIGNOS DE VIDA
(Alemaña, 1967)
Dirección, guión e produción: Werner Herzog. Fotografía: Thomas Mauch. Intérpretes: Peter Brogle, Wolfgang Reichmann, Athina Zacharopoulou. Duración: 91 minutos.
A primeira longametraxe de Werner Herzog, inspirada nunha historia de Achim Von Arnim (“El inválido loco de fuerte Ratonneau”), conta a reclusión na polvoreira dunha vella fortaleza en Creta dun paracaidista alemán, Stroszek, a súa muller e unha enfermeira ao coidado de dous feridos. A calor e o tedio fan estragos e a loucura característica dos seres nas marxes da sociedade que habitan os traballos de Herzog prefiguran xa a coherencia e fascinación, as narracións de rebelións e fracaso, que presiden toda a súa obra.