EL JOVEN TÖRLESS
Volker Schlöndorff, 1966.
87´. Subtítulos en galego.
DER JUNGE TÖRLESS / EL JOVEN TORLESS
(Alemaña-Francia, 1966)
Dirección: Volker Schlöndorff. Guión: Herbert Asmodi, sobre a narración de Robert Musil. Fotografía: Franz Rath. Produción: Franz Seitz Filmproduktion (Alemaña) e Nouvelles Éditions de Films (Francia). Intérpretes: Mathieu Carrière, Marian Seidowsky, Bernd Tischer, Barbara Steele. Duración: 87 minutos.
O mozo Torless, alumno nun internado, é testemuña de terribles actos de violencia dentro da clase. Rapaz individualista, non pode descubrir como integrarse cos seus compañeiros, entre os que a humillación e a lei do máis forte imperan. No seu debut como director, Volker Schlondorff examina a orixe do fascismo a partir da célebre novela homónima de Robert Musil. Coprodución de Alemaña e Francia (a través de Louis Malle), gañou o premio ao mellor filme alemán do ano, ademais do FIPRESCI en Cannes, e foi unha das pedras fundacionais do Novo Cine Alemán.