LA VEDA DEL ZORRO
Peter Schamoni, 1966.
92´. Subtítulos en galego
SCHONZEIT FÜR FUCHSE / LA VEDA DEL ZORRO
(Alemaña, 1966)
Dirección: Peter Schamoni. Guión: Peter Schamoni e Gúnter Seuren, sobre a novela deste «Das gatter». Fotografía: Jost Vocano. Produción: Peter Schamoni Film. Intérpretes: Helmut Förnbacher, Christian Doermer, Andrea Jonasson. Duración: 92 minutos.
A cargo de Peter Schamoni (Berlín, 1934), logo autor de documentais sobre as figuras de Max Ernst ou Niki de Saint Phalle, trázase unha película con referencias a Godard e Resnais. O conflito xeracional inherente á indiferenza de moitos rapaces acomodados respecto ás derivacións da última guerra. Dous amigos de clases sociais diferentes que creceron xuntos durante a Alemaña nazi, chegan á trintena coa sensación de que os seus maiores e aqueles gobernantes estafaron as súas vidas. Gran Premio Especial do Xurado no Festival de Berlín.