ALICIA EN LAS CIUDADES
Wim Wenders, 1974.
110´. Subtítulos en galego.
ALICE IN STATEN / ALICIA EN LAS CIUDADES
(Alemaña, 1974)
Dirección: Wim Wenders. Guión: Wim Wenders e Veith von Fürstenberg. Fotografía: Robby Müller. Produción: Filmverlag Der Autoren e WDR. Intérpretes: Rudiger Vogler, Yella Rottländer, Lisa Kreuzer. Duración: 110 minutos.
A capacidade de itinerancia, a estrutura de road-movie e a serena observación do primeiro cine de Wenders a través de tres presenzas: un fotógrafo, unha nena e a paisaxe. Félix, un xornalista alemán viaxa polos Estados Unidos na procura de inspiración para un libro. Frustrado pola falta de ideas e sen cartos, coñece a unha muller e á súa filla de oito anos, Alice. Á mañá seguinte descobre que a muller marchou deixando a nena ao seu coidado e coa misión de levala a Amsterdan, onde ela os espera.