EL TAXISTA FUL
Jo Sol, 2005.
85´. Entrada gratuíta.
EL TAXISTA FUL
(España, 2005)
Dirección e guión: Jo Sol. Fotografía: Afra Rigamonti. Produción: Zeppelin Integrals Produccións SL (Zip Visión) e Televisió de Catalunya. Intérpretes: Pepe Rovira, Marc Sempere, Makoki, Dinero Gratis. Duración: 85 minutos.
José R. ten 52 anos e desenvolve a súa rutina de condutor de taxi polas rúas de Barcelona. Hai un feito anómalo na súa vida: os taxis que conduce son roubados. José rouba para poder traballar. Como se pode chegar a unha situación tan absurda? Trátase dun tolo, ou dun traballador sen traballo a quen a lóxica do sistema aboca sen remedio a semellante paradoxo? Orixinal e estimulante aproximación á actividade dos novos movementos sociais, o activismo e o fenómeno da okupación nos nosos días.