
LOS DESESPERADOS
Miklós Jancsó, 1965.
94´. Subtítulos en castelán.
SZEGÉNYLEGÉNYEK / LOS DESESPERADOS
(Hungría, 1965)
Dirección: Miklós Jancsó. Guión: Gyula Hernádi. Produción: Mafilm (Hungría). Fotografía: Tamás Sonló. Intérpretes: János Görbe, Zoltán Latinovits, Tibor Molnár, András Kozák. Duración: 94 minutos.
A convulsión vivida en Hungría despois da revolución de 1948 suscitou un longo período de pobreza xunto ao aumento de rebeldes armados. Estes últimos revolucionarios, coñecidos como os "desesperados", eran tratados como heroes mentres sufrían unha persecución, considerados como bandidos polo exército. As perfectas coreografías de Jancsó, precedente de Angelopoulos, reforzadas pola súa tendencia á abstracción, amosan á perfección a importancia do poder político, da dialéctica e dos elementos que posibilitan a revolución.