
LA SABINA
José Luis Borau, 1979
106'
LA SABINA
(España-Suecia, 1979)
Dirección e guión: José Luis Borau. Produción: El Imán e Svenska Filminstitutet. Fotografía: Lars Göran Björne. Intérpretes: Jon Finch, Ángela Molina, Harriet Andersson, Simon Ward, Ovidi Montllor, Carol Kane. Dur.: 106 min.
“O home crea os seus propios verdugos”, afirma o escritor inglés protagonista. Nunha Andalucía de pureza e fascinación vanse entrecruzar sentimentos, lendas e destinos en torno a personaxes de diversa procedencia. A procura da Sabina, mito feminino devorador, a estrañeza e o peso da tradición son relatados con desprendemento e solvencia formal, alcanzando unha planificación milimétrica emanada dun elaborado story-board. Fermosa coprodución de reparto cosmopolita e exuberantes punteos á guitarra de Paco de Lucía.